| Sete Saias - Sete Saias |
|
|
|
| Sábado, 29 de Marzo de 2008 18:40 |
|
Neste primeiro proxecto musical abranguen non só a música tradicional, que é a principal fonte de inspiración deste traballo, senón tamén a música de autor; contando con temas propios. Ademais, contan coa colaboura de grandes artistas, como é o caso de Rodrigo Romaní, autor dalgún dos temas e arranxos, Xosé Manuel Budiño, Xosé Lid ou Fernando Abreu, nun total de trece temas producidos xunto a Segundo Grandío. Ademáis, inclúe unha pista interactiva co videoclip do tema Rompendo a marea. Un gran disco que as descubre como un dos valores en alza do folk galego cunha sensibilidade moi especial. CD Jewel box |