| Tino Baz - Cinsa namorada |
|
|
|
| Sábado, 29 de Marzo de 2008 20:32 |
|
As pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora luguesa Marica Campo, que ven a ser quen avala literariamente este traballo. Musicalmente, ven a ser o veterano músico Moisés Quintas quen asume a dirección artística e quen coordina a participación dos distintos instrumentistas que interveñen no proxecto, todos eles de sólida formación, de amplo curriculum e algúns deles, dunha longa e histórica traxectoria. Con Cinsa namorada, Tino Baz cumpre o seu desexo de facer un aporte fresco ao panorama da música galega actual, na parcela concreta da canción de autor. Tino trata de dinamizar as creacións musicais do noso país dende a súa convicción de normalizar a lingua e a cultura galega, na súa proximidade con Portugal. CD Digipack |