|
Sábado, 29 de Marzo de 2008 18:53 |
|
Jabon Blue é un grupo adicado por enteiro ao rock and roll. A sua andadura comeza en 2005 cando Javier Maneiro decide continuar a sua carreira musical máis alá de Heredeiros da Crus cos que levaba xa doce anos triunfando en Galicia. Inmediatamente comezan a gravación do seu primeiro disco La música va por dentro en Madrid coa axuda do Maestro Reverendo nos teclados. O disco foi mesturado por Segundo Grandío nos estudios Casa de Tolos e producido por Diego Castaño e o propio Segundo Grandío. La música va por dentro: a explosión de rock and roll do ano.
|