Inicio Inicio Sala de prensa Cores do Atlántico, unha nova visión das cantigas de amigo da lírica medieval
Follow us on Twitter
Cores do Atlántico, unha nova visión das cantigas de amigo da lírica medieval PDF Imprimir E-mail
Escrito por SG   
Martes, 04 de Mayo de 2010 18:14

ipaiCores do Atlántico é un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire Mertens e a interpretación musical da cantautora brasileira Socorro Lira. O libro está iIlustrado polo artista lucense Quique Bordell.

O proxecto nace no ano 2006 co inicio da súa investigación sobre ás cantigas de amigo paralelísticas, para a edición dun CD con versións cantadas dalgúns dos textos conservados. Publícase agora en formato libro-disco en galego e portugués, por parte de Ponte...nas ondas! e PAI Música dentro dun proxecto musical.





Un traballo literario

A argumentación teórica sobre a orixe dunha tradición oral sustentada por mulleres é unha tese defendida pola especialista en literatura medieval en linguas románicas e doutora pola universidade de Utrech, Ria Lemaire.

Ria Lemaire, especialista en literatura medieval e profesora da Universidade de Poitiers, escribe un traballo de divulgación sobre as cantigas de amigo galego-portuguesas como as primeiras mostras do patrimonio cultural galego-portugués, que nos chegaron por vía culta: os primitivos cantos de mulleres.

Ria Lemaire fai unha novedosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou, ben por procesos de colonización ou levada por emigrantes máis tarde.

Un traballo musical

No enfoque musical a cantautora brasileira Socorro Lira aborda unha lectura contemporánea da melodía das cantigas integrando as sonoridades galegas, portuguesas, africanas e, especialmente, brasileiras; espazos que comparten o patrimonio cultural da lírica galego-portuguesa. Dende os ritmos brasileiros como a ciranda, o samba, o batuque, o baião, o congo, o aboio ou a toada nordestina, interprétanse as cantigas de amigo dunha forma transgresora e ao mesmo tempo harmoniosa.

Arranxado por Jorge Ribas, Cores do Atlántico integra as sonoridades de tres continentes unidos por un patrimonio común: a lírica das cantigas de amigo galego-portuguesas.

Desde o Brasil, a compositora e cantora Socorro Lira reúne voces tradicionais como as das Cirandeiras de Caiana de Crioulos xunto as colaboracións de Margareth Menezes-a Maga e Cida Moreira. Desde África, a guineana Eneida Marta achega a súa cálida voz asociada aos ritmos de Guiné Bissau como o Gumbé, a Morna ou a Singa. João Afonso e Teresa Paiva introducen a expresión portuguesa e a sonoridade da gaiteira do Porto. En Galicia, son as voces de Leilía e Uxía as que recrean as cantigas que noutrora cantaron as mulleres neste territorio de orixe da lírica medieval galego-portuguesa.

Un traballo artístico

O artista lucense Quique Bordell fai a súa achega plástica con ilustracións que combinan o colage e a sobre-impresión nunha proposta vangardista sobre as letras das cantigas de amigo.
Quique Bordell é unha das referencias artísticas máis interesantes do panorama da arte galega moderna e a súa obra ten sido relacionada coa de Tápies ou coa do mestre Dubuffet.

+info www.coresdoatlantico.com

Mercar Cores do Atlántico
comprar_aqui_gl

 

Cores do Atlántico é un proxecto financiado por: