Follow us on Twitter
Treixadura Gaiteiros - Unha semaniña enteira PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 29 Marzo 2008 18:41

Treixadura - Unha Semaninha enteiraUnha semaniña enteira é o novo traballo discográfico de Treixadura, un dos grupos máis importantes no campo da música tradicional galega. Neste novo traballo, no que contan coa colaboración das voces do Orfeón Treixadura, o grupo mantén a filosofía que o caracteriza dende que comezara a súa andadura naquel vello muíño redondelano: misturar temas coñecidos da música galega con outros que se intenta rescatar do anonimato para dalos a coñecer con toda a forza e frescura características da nósa música.

Foliadas, muiñeiras, polcas e cantos son repasadas polos gaiteiros Treixadura e o seu orfeón dende o máximo dos respectos e imprimíndolle unha nova vida á nósa música.