Follow us on Twitter
Sra. Carmen homenaxeada en Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Xuño 2010 11:26

sra_carmenO pasado 20 de maio tivo lugar en Pontevedra, un concerto homenaxe á traxectoria da Sra. Carmen, a voz máis carismática do grupo Malvela.

No concerto, a cantante estivo arroupada por artistaa como Uxía Senlle, Rodrigo Romaní e as propias Malvela, con Celso Sanmartín como mestre de cerimonias e fío conductor de todo o acto no que se repasou a importancia da Sra Carmen como icono do patrimonio inmaterial galego.

Casa de Tolos encargouse de grabar o concerto en audio e vídeo, así como da realización en directo proxectada durante a actuación no propio auditorio. Publicaremos algún video do concerto na web para que poidades desfrutar del.

Na flor dos meus anos" é o primeiro traballo discográfico en    solitario da compoñente máis carismática de Malvela: a Señora Carmen.    Aos seus 82 anos, cunha "tremenda xuventude acumulada", a    Señora Carmen é un tesouro vivo da música galega tradicional. "Na    flor dos meus anos" consta dun libro, escrito polo prestixioso    literato galego Fran Alonso, un CD con 11 cancións e un DVD cun    documental onde a Señora Carmen relátanos a súas lembranzas e amósanos o    seu lado máis humano. No CD hai colaboracións musicais de luxo, dende  a   portuguesa Dulce Pontes, ata os galegos Uxía, Xosé Manuel Budiño,    Rodrigo Romaní ou membros de grupos tan importantes como Treixadura,    Berrogüetto ou Malvela. "Na flor dos meus anos" é ler,    escoitar e ver a unha lenda viva da nosa Galicia.

comprar_aqui_gl

Na flor dos meus anos - Sra. Carmen

Na flor dos meus anos" é o primero traballo discográfico en solitario da compoñente máis carismática de Malvela: A Señora Carmen. Aos seus 82 anos, cunha "tremenda xuventude acumulada", a Señora Carmen é un tesouro vivo da música galega tradicional. "Na flor dos meus anos" consta de un libro, escrito polo recoñecido literato galego Fran Alonso, e un CD con 11 cancións e un DVD cun documental onde a Señora Carmen relata os seus recuerdos e nos amosa o seu lado máis humán.


JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

 

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música