| Os Terribles de Donas presentan o seu segundo disco “Pedramoura” |
|
|
|
| Luns, 05 Decembro 2011 12:06 |
|
Os Terribles de Donas regresan a actualidade musical co seu segundo álbum “Pedramoura” un traballo que recolle o seu legado musical e presenta novas composións. Un álbum tradicional que Os Terribles presentarán a partir do 3 de decembro en Furanchos e espacios tradicionais galegos
Agora, gracias a memoria e tesón dos descendentes daqueles primeiros Terribles podemos voltar a gozar da música desta formación que tanto bailaron os nosos país e avós. Dende o 2004 Manuel Antunez, Manolo Sousa, Suso Sousa, Xurxo Antúnez, Veronica Sousa e Xaime Estévez están a traballar na recuperación do repertorio dos primeiros Terribles. No 2009 sacaron o seu primeiro traballo discográfico, editado por PAI Música, “Abrollido”, unha magnifica recolección sonora de 12 temas, acompañadas por un libro que nos axuda a coñecer a historia dos Terribles. PEDRAMOURA “Pedramoura”, gravado nos estudios de Casa de Tolos (Gondomar) e editado por Pai Música, é o segundo disco desta formación que cada día se esforza por recuperar o seu pasado, gozar do presente e labrar un novo futuro. Unha formación na que as diferentes xeracións danse a man para gozar da música tradicional. “Pedramoura” é un paso máis na recuperación do legado do patrimonio sonoro e representa a consolidación de Os Terribles do século XXI. Un grupo, e non só musical, que segue a recuperar o seu repertorio para unilo as novas melodías compostas por eles mesmos. Neste traballo atopamos 19 temas que fan un completo percorrido pola música galega. Dende a máis coñecida muiñeira, acompañada de foliadas, pasodobles, rumbas e ata algunha polca. O nome deste álbum buscaronno Os Terribles no lugar de Pedra Moura, e o seu castro no Monte da Pinceiras. “Facendo unha homenaxe a un dos lugares máis espectaculares e emblemáticos do Val Miñor” segundo aseguran eles mesmos. Pedramoura viviu a historia de Os Terribles moi de preto, e se alí foi onde os primeiros Terribles fixeron o seu debut musical, alí é onde Os Terribles do século XXI buscaron a inspiración para este segundo traballo. E non só a inspiración, pois todos os que merquen o disco atoparán algo máis dese máxico lugar chamado Pedra Moura… |