Follow us on Twitter
PAI-Música editará o novo disco de Tanxedoras PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Abril 2008 18:09


O noso selo editará o novo de Tanxedoras, un grupo de música tradicional formado por cinco rapazas de Vigo, que proceden de diferentes formacións dentro do ámbito da música tradicional.

 

Leni Pérez, Margó Gaioso, Teresa Santamaría, Ioli Pérez e María Silva son as 5 compoñentes de Tanxedoras, unha agrupación musical que destaca polo emprego de instrumentos tradicionais de percusión galega coma o pandeiro, cunchas, ferriños, culleres ou legóns. Un proxecto que naceu en setembro do 2003, aínda que con anterioridade e por separado formaron parte doutras agrupacións folclóricas. Mais os camiños da vida xuntáronas para traballar cunha idea común, a recuperación do legado musical de Galicia. Melodías tradicionáis e populares aprendidas dos nosos maiores. Este traballo discográfico será editado por PAI-Música.