| Miki Nervio & The Bluesmakers - 15 years old blues |
|
|
|
| Sábado, 29 Marzo 2008 20:58 |
|
Falar de Miki Nervio & The Bluesmakers non é falar dun grupo novel, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama musical galego que gañou a pulso de seu agarimo, respeto e admiración do público. Pasou xa moito tempo dende aquel xaneiro do 1992 en que se formou este grupo, que resistiu ó paso do tempo dun xeito máis que digno.Precisamente para conmemorar os seus 15 anos de existencia, Miki e os seus Bluesmakers ofrécennos “15 years old blues”, un disco fiel a súas orixes pero que amosa claramente a evolución da banda ó longo destes anos, pasando do estilo inicial do blues eléctrico a un son máis acústico da música negra de principios do século pasado. “15 years old blues” contén 14 temas do blues máis variado, con versións de clásicos como Duke Ellington ou Ry Cooder, ademais de contar tamén con composicións propias o que fai deste traballo un disco imprescindible para todos os amantes do bo blues.
|