Follow us on Twitter
Miki Nervio & The Bluesmakers no Pub La Madame de A Coruña PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Maio 2008 12:12

mikinervioO vindeiro día 5 de xuño, Miki Nervio & The Bluesmakers actuarán no Pub La Madame de A Coruña

Miki Nervio & The Bluesmakers actuarán o vindeiro xoves 5 de xuño no Pub La Madame de A Coruña, a partires das 23:00 h. O grupo formado por Slim Slide Louis (guitarra, slide e mandolina), Big Boino Juanjinson (contrabaixo), Washboard Plof (táboa de lavar e batería), e por suposto Miki Nervio (voz e kazoo), seguen promocionando o seu último traballo "15 Years old blues" (PAI-Música 2007), un disco gravado na Escola de Imaxe e Son d'A Coruña para conmemorar os seus 15 anos de existencia. Miki Nervio e os seus Bluesmakers foron evolucionando dende un estilo inicial de blues eléctrico a un son máis acústico da música negra do século pasado, recuperando a tradición de bandas de rúa ou "street band", grazas ao emprego de instrumentos pouco cotiáns coma o Kazoo, a guitarra de aceiro ou a táboa de lavar.

 

 

 

 


 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas