Follow us on Twitter
PAI editará un libro-CD baseado en teatro de sombras. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Xullo 2008 16:32

{piclens}

sombra4 O traballo presentase en formato libro-cd e está composto por  12 contos e 12 cancións que se presentan de forma intercalada que versan sobre a defensa, protección e conservación do medio ambiente.

 

O CD, ademais de recoller os contos expostos no libro, e que se presentan de forma musicada, inclúe tamén de forma intercalada as cancións interpretadas polo seu propio autor, Servando.

 

O traballo está destinado a nenos entre 3 e 10 anos  correspondentes coas etapas educativas de infantil e 1º e 2º ciclo de primaria.

A  rasgos xerais os obxectivos do traballo son dous: o didáctico e o lúdico e de forma máis específica preténdese:

-       Respecto ao idioma

Achegar o idioma galego aos máis pequenos

Familiarizar aos nenos e ás nenas co idioma.

Proporcionarlle ao profesorado unha ferramenta de traballo no ensino do idioma

Propicia-lo uso do galego como medio de expresión.

-       Respecto ao medio ambiente

propicia-la reflexión sobre normas e valores positivos cara ao medio ambiente

propicia-la formación dunha conciencia social na defensa e formación en materia de medio ambiente.

Crear actitudes conscientes e responsables que eviten impactos negativos sobre o medio ambiente na vida cotiá para, desta maneira contribuir á concienciación da comunidade escolar sobre a conservación do noso contorno natural.

sombra3

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas