| Milladoiro editará con PAI Música |
|
|
|
| Sábado, 01 Novembro 2008 15:23 |
|
O tándem Pai Música–Casa de Tolos e Cormorán-Milladoiro camiñarán xuntos nesta nova aventura aportando o mellor de cada un deles. Milladoiro con casi 30 anos de traxectoria conducidos cunha sabiduría e profesionalidade exemplar e o dinamismo xoven co que conta Pai Música fúndense para achegar ó público o novo traballo de Milladoiro que verá á luz a finais de Novembro deste ano 2008. Para máis información poden porse en contacto co Dpto. de promoción. |