Follow us on Twitter
Milladoiro enche o teatro Colón para interpretar as súas novas cancións PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Novembro 2008 19:27

milladoiro_concerto3O grupo musical Milladoiro presentou o pasado 25 de novembro no teatro Colón de A Coruña as cancións do seu novo traballo discográfico, "A Quinta dás lágrimas", nun concerto gratuito con motivo da conmemoración do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. O espectáculo contou coa colaboración especial da fadista lisboeta Mafalda Arnauth.
Os trinta anos de traxectoria da formación musical serviron para demostrar que Milladoiro atópase en plena forma e disposta a cativar a todo tipo de audiencias. Onte no teatro Colón, moitos mozos achegáronse a comprobar en directo a maxistral combinación de tradición e música que fixo famoso ao grupo.

 

Milladoiro quixo adedicarlle unhas palabras de agradecimiento ao público coruñés, "que sempre trata moi ben aos artistas", e a Inés de Castro, raíña de Portugal a título póstumo. "O disco está adedicado a ela e a todas as mulleres que sofren violencia machista e ao lugar no que se orixinou o súa triste e fermosa historia, a Quinta dás Lágrimas", explicaron durante o concerto.

Durante as case dúas horas de espectáculo, o grupo formado por Antón Seoane, Moncho García, Pepe Ferreirós, Nando Casal, Manuel Conde, Roicasal,  Harry .C e Laura Amado  foi desgranando un repertorio no que non faltaron os seus grandes clásicos. E ao final do concerto, caras de satisfacción entre un público que lles quere, respéctalles e agárdalles para a próxima.

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música