Follow us on Twitter
Presentación e lanzamento de Vigo Yeyé PDF Imprimir Correo-e
(1 Voto)
Venres, 19 Decembro 2008 19:04

vigo_yeye_presenta1A cervecería Estrella Galicia en Vigo acolleu hoxe o acto inaugural de presentación e lanzamento do agardado CD-DVD "Vigo YeYé", un traballo que recolle os grupos dos 60 que marcaron unha época da vida Viguesa. Corenta anos depois daquel movemento de valerosos músicos que volveron a reunirse para colaborar xuntos na creación dun traballo discográfico brillante e orixinal que rende tributo a toda una época, ofrecendo unha homenaxe a todos os que foron quedando polo camiño.

Interviron na presentación, Manuel Orío (músico e impulsor da idea), Fernando Ferreira (músico e autor do libro Crónicas de un Vigo YeYé), Segundo Grandío (productor e representante do selo PAI Música e do estudio de grabación Casa de Tolos) e Santiago Miguélez (departamento de marketing Estrella Galicia).

Na presentación de hoxe, os intervintes explicaron o seu papel neste traballo e os principais motores impulsores que fixeron posible o lanzamento deste disco, especialmente a Estrella Galicia, Faro de Vigo, El Corte Inglés de Vigo e en particular a Corina Porro dende a Deputación de Pontevedra.

Este traballo pasa a ser así un dos pilares do proxecto Vigo YeYe que conxuntamente co libro de Fernando Ferreira e o próximo documental de Xaime Fandiño conformarán un traballo audovisual biográfico pasando  a formar parte xa da nosa historia máis recente.

 

Â