Follow us on Twitter
FARO esgota o disco ´Vigo ye-yé´ da década dos 60 PDF Imprimir Correo-e
(1 Voto)
Luns, 22 Decembro 2008 14:18

vigo_yeye_venta_farodevigoO CD-DVD Vigo ye-yé que vendía onte FARO DE VIGO co exemplar do domingo quedou esgotado. A última hora da mañá, os quioscos xa non dispoñían de ningunha unidade e nunha alta porcentaxe deles contábase xa cunha lista de pedidos a posteriori para responder á demanda dos lectores.
O éxito do disco-DVD radicou na presentación de 20 temas musicais de grupos ye-yé do Vigo dos anos 60 que gravaron as súas cancións nos últimos meses no estudio Casa de Tolos coa produción do selo PAI-Música e o patrocinio de Estrela Galicia, a Deputación de Pontevedra -co especial apoio da vicepresidenta, Corian Porro-, o Ámbito Cultural do Corte Inglés e FARO.

Ademais dos temas en audio, achegábase tamén en DVD con vídeos musicais dos grupos da xeración viguesa ye-yé, ademais dun libreto explicativo do movemento musical.

Con Vigo ye-yé, volveron do pasado ao presente grupos como Os Condors, Os German´s, Os Golpes, Os Afastados, Os Stags, Os Temples, Os Watios, Os Zuecos, Carlos Mateo ou A Comisaría, esta última banda recente (anos 90) dedicada a tocar temas da época ye-yé.

A exitosa venda do disco foi aplaudida por parte da discográfica. O productor Segundo Grandío aseguraba onte a FARO que me dá moita satisfacción e alegría que haxa ter esta resposta o CD. Deste xeito, a xente vai coñecer este patrimonio cultural e musical que se perdeu si non fóra por este traballo".
Grandío engadía que "é unha boa noticia que funcione ben a promoción xa que moita xente poderá coñecelo - a música viguesa dos 60- da mesma xeito que nós a coñecemos cando investigamos sobre ela".

yeye_farodevigo2

A venda do CD-DVD obrigou a algúns lectores a percorrer os quioscos na busca da obra ata dar con algún exemplar. Un exemplo foi o da viguesa Alodia Álvarez quen adquiriu dous exemplares cos seus respectivos CD para enviarllos a dous sobriños de Madrid. "A eles, encántalles a música e sei que lles vai a gustar. É, ademais, un patrimonio cultural", explicou a lectora de FARO.

O CD-DVD xa está dispoñible dende hoxe 22 de decembro en exclusiva no espazo de música de El Corte Inglés en Vigo