| Lamatumbá arrasa na actualidade semanal galega |
|
|
|
| Mércores, 29 Abril 2009 18:52 |
|
A participación da banda na entrega dos Premios Mestre Mateo e a súa actuación no programa magazine musical Banda Curta da TVG, son as súas intervencións televisivas desta semán. PREMIOS MESTRE MATEO 08 A que xa se consolidou como a gran festa do audiovisual galego botará unha ollada cara a atrás para lembrar o pasado máis recente das producións galegas a través dunha gala que se presenta máis dinámica e interactiva que nunca. Farao a ritmo de humor e de música, da man do colectivo de artistas Pista Catro, e os interludios correrán a cargo de Lamatumbá contando co vocalista do grupo e actor Sergio Zearreta como mestre de cerimonias.
Banda Curta, o espazo musical que cada sábado presenta Luis Pardo na TVG, contará coa música en directo dos ourensanos Lamatumbá, que tocarán no programa unha sorprendente versión inédita de AC/DC, e co portugués David Fonseca, o artista portugués de pop-rock mais internacional nestes momentos, e un dos músicos portugueses mais reclamados nos festivais de todo o mundo. Banda Curta emítese todos os sábados ás 16h. PRÓXIMOS CONCERTOS DE LAMATUMBÁ Non perdas oportunidade de ver á banda en directo.
![]() LAMATUMBÁ - "PARAUGAS UNIVERSAL" (PAI-Música 2008)
Lamatumbá, un dos principais expoñentes da música galega actual, que leva polo mundo adiante a verbena do século XXI coa enseña de Festa por única bandeira, volve aos escenarios con esta súa nova proposta musical, "Paraugas universal", un refuxio baixo do que bailar as nosas ledicias, disfrutar os nosos amores, cantar e sorrir. Logo de máis de dous anos de xira ininterrumpida dende o lanzamento da súa anterior gravación, a banda ourensá escolleu desta vez os estudios de Casa de Tolos para se retirar a lle dar forma ao seu novo traballo discográfico. "Estás convidado my friend, estás convidada meu ben..."
|