| Concerto de presentación de JabonBlue da campaña LIBRE da Xunta de Galicia |
|
|
|
| Xoves, 10 Febreiro 2011 16:24 |
|
O videoclip forma parte da campaña institucional LIBRE da Xunta de Galcia coa que pretenden concienciar á xente moza da traxedia semanal de milleiros de familias que ven truncadas as vidas dos seus amigos e familiaries en accidentes de circulación por mor do consumo de alcol ao volante. A Xunta de Galicia repartirá 10.000 DAVDs un novedoso soporte dixital de dúas caras, DVD e CD coa pista de audio do tema Flores en la Carretera e o videoclip do mesmo tema no que colabora Manuel Manquiña. LIBRE O video clip estará dispoñible na rede a partir da data do concerto. Ninguén, e menos as administracións públicas, podemos ser insensibles coa gran traxedia que supón para centos de familias que todos os anos se perdan demasiadas vidas humanas en accidentes de circulación, moitos deles mozos e mozas que se desprazan nas noites de fin de semana aos lugares de festa e ocio nocturno. Existe unha indiscutible e estreita relación entre a sinestralidade nas estradas e a inxestión de alcol, sobre todo nos condutores que teñen entre 18 e 25 anos. A campaña LIBRE pretende concienciar á xuventude sobre o consumo responsable de alcol. Dentro da campaña LIBRE hai varias accións, entre elas a realización deste DVD que vos estamos entregando. O DVD SINOPSE |