Follow us on Twitter
Pancho Alvarez presenta o seu disco en directo no Festival de Curtametraxes de Cans PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Maio 2009 12:14

pancho_alvarez3Pancho Alvarez presentará o seu disco "Sólidos Galicianos" este mércores 20 de maio no VI Festival de curtametraxes de Cans
A cobertura audiovisual do evento correrá a cargo dos estudios de Casa de Tolos (Gondomar) que retransmitirán o evento por Internet na web do festival e na propia web de Casa de Tolos.

Os Sólidos Galicianos eran unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia.
Moedas como estas, ademáis doutros moitos tesouros, se agochan segundo a mitoloxía popular, baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos, eses seres extraordinarios chamados mouros, viven e manteñen tratos cos homes.

Esta é a fícción, pero estes tesouros existen como metáfora dun patrimonio, do que forma parte a música tradicional.

A música tradicional de Galiza é unha realidade que asiste e contempla con  curiosidade o paso das diferentes modas a través do tempo. Asimila, transforma e fai súas todas aquelas influenzas que, cribadas na peneira popular, enriquecen un patrimonio xa de por si moi importante e que chamou a atención dalgún cronista romano que se refería a Gallaecia como unha terra con cantos e danzas estranas. A música reflicte a nosa identidade nun mundo plural e intercomunicado.

Presento o meu terceiro traballo discográfíco Sólidos Galicianos que ten como referente a música tradicional de Galiza . No mesmo desenvolvo o meu particular contorno. Sintetizo a miña bagaxe musical en trece pezas coas que me mergullo nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades mesturando zanfona, violín, viola de gamba, bouzouki, mandolina, cuatro, guitarras, percusión, concertina, acordeón, etc.