Follow us on Twitter
Abrollido, o novo disco de Os Terribles PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Xuño 2009 08:21

foto_terribles_grupo1



PRESENTACIÓN DE “ABROLLIDO”
O LIBRO-DISCO DE OS TERRIBLES


Este mércores día 1, as 12:00h. na Casa da Cultura de Gondomar, PAI-Música presentará o novo disco-libro da agrupación de música tradicional Os Terribles de Donas



A presentación contará coa presenza de membros do grupo, do autor do libro, Santi Veloso, do responsable do traballo editorial e discográfico Segundo Grandío, e do Alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo.

A edición deste traballo contou coa colaboración do Concello de Gondomar e da Câmara Municipal de Paredes de Coura, o lugar de orixe do grupo de música.

A través dunha coidada edición, no libro relátase a orixe deste grupo no Norte de Portugal e como o seu patrimonio musical sonoro foi conservado a través de varias xeracións.  O traballo que agora se presenta constitúe un exemplo da recuperación do patrimonio inmaterial galego-portugués.
A presentación deste traballo contempla un concerto na vila de Gondomar e outro na de Paredes de Coura.

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas