Follow us on Twitter
«Os terribles» xa teñen disco PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xullo 2009 09:50

terribles_presentacionA obra editada por Pai Música e gravada en Casa de Tolos inclúe un libro escrito polo profesor Santiago Veloso

Entre promocionar a feira de abril e apoiar ao mítico grupo miñorano "Os Terribles", o alcalde nacionalista de Gondomar, Antonio Araúxo, tíñao claro. Así, viu a luz o primeiro traballo discográfico da charanga de Doas, logo de décadas levando alegría a todos os recunchos de Galicia. Abrollido , chámase a obra, que ademais inclúe un libro escrito polo profesor do IES Terra de Turonio, Santiago Veloso, preocupado pola recuperación do patrimonio inmaterial que, como no caso da arte dos Terribles, transmítese de xeración en xeración.

O disco foi editado polo selo Pai Música. Os compoñentes da banda recordaron onte con Segundo Grandío os bos momentos que pasaron gravando os temas nos estudos da Casa de Tolos de Mañufe. Trátase dun produto feito cento por cento en Gondomar cuxa presentación oficial apadriñou onte ao mediodía o alcalde nacionalista na Casa da Cultura. A estrea terá lugar o 24 de xullo cun concerto na Alameda e en setembro presentarase en Paredes de Coura.

comprar_aqui_gl