Este martes 15 de nadal sairá á venda o primeiro disco das Batuko Tabanka que leva por nome Djunta mô (PAI Música 2009), e que paralelamente á saÃda nas tendas de discos estará dispoñible na nosa tenda en www.paitunes.com e próximamente en iTunes.
Pero dende hoxe os usuarios que dispoña de iPAI, a aplicación para iPhone de PAI Música, poderán desfrutar de todo o disco en exclusiva e de forma gratuÃta dende a propia aplicación.
Batuko Tabanka - Djunta mô
Un traballo que emana emoción e saudade polos catro costados. Un diálogo e fusión de duás culturas, Galicia e Cabo Verde.
O ritmo das batukadeiras, ten un pasado ligado a música tradicional que facÃan os escravos en Cabo Verde. Antes batendo no peito, e agora batendo nunha saca de coiro colocada entre as pernas que recibe o nome de "batuko". A integración destes ritmos africáns coa música galega fusionánse dun xeito natural, xa que sorprendentemente decubrimos que os seus ritmos ternarios eran moi parecidos aos da xotas galegas, e as cancións lembraban ás que cantan as pandereteiras galegas no tocante a que existe unha sacadora á que se lle suma o resto de compañeiras repetindo a mesma frase.
CABO VERDE: Tcheka, Vitori Nha Vivinha, Nácia Gomes, Nho Nanu, DJ Asaias, Manel Di Tilinha, Ntoni Dente D´Oro, Jon Luz, o fillo de Vitori, Xisto Almeida, Vadú e Agostinho
PORTUGAL: Augusto Canario
BRASIL: Sergio Tannus
Â
Ver o vÃdeo do lanzamento ....
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!