| Magín Blanco & Burgas Beat editan "Clic" |
|
|
|
| Luns, 28 Abril 2008 11:24 |
|
A espera deisouse valer. Con "Clic" (PAI-Música 2008), os ourensáns Magín Blanco e Burgas Beat (antes Cosecha Roja) fan un disco de colaboración mutua onde o pop é o protagonista principal. Un total de 11 cancións, 5 compostas por Magín, outras 5 escritas polos Burgas Beat e unha versión do clásico "Anduriña" de Juan & Junior. O traballo foi gravado nos Estudios Casa de Tolos entre o 12 e o 16 de Xaneiro deste ano, baixo a produción dos propios artistas. Cun precioso deseño de Suso Díaz, "Clic" pode ser un dos discos do 2008 en Galicia.
|