Follow us on Twitter
Roi Casal comeza a pechar datas para os próximos concertos PDF Imprimir Correo-e
(9 Votos)
Venres, 08 Maio 2009 17:09
Roi CasalRoi Casal e a súa banda comezan xa a completar as próximas datas para os seus concertos deste verán.

O 4 de xullo poderemos escoitalos en O Grove, o 17 o no Castelo de San Antón en A Coruña e o 24 do mesmo mes en Vigo.



Lendas Douradas é o primeiro traballo de Roi Casal e foi presentado en novembro de 2008

Un traballo que é o resultado dun proceso de interpretación da cultura galega baixo a perspectiva dun cidadán do século XXI. Un disco para unha nova xeración de galegos e galegas que ven no feito diferencial de todas as culturas do mundo, o meirande tesouro que posúe a humanidade.

Lendas Douradas recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal sendo froito dun coidado estudo da música tradicional, medieval e da poesía galega onde se aposta polo idioma galego como soporte fundamental.

 

 

 

 

Relacionadas