| Hoxe programa de Plástico elástico en Radio PAI |
|
|
|
| Xoves, 10 Xuño 2010 08:11 |
|
No programa de hoxe falaremos de dous festivais que se van dar cita este vindeiro sábado 12 de xuño en Galicia. O Rock en Costa (9ª edición) con Born a Lion, Foggy Mental Breakdown, Skarmento e Los Chavales en Compostela (no barrio do Castiñeiriño) e o Rockin´2010 de Carballo con Sour Jazz & Daniel Rey, Barrence ..
Plástico Elástico é unha viaxe por unha odisea musical que percorre galicia. Unha viaxe na que se mesturan todo tipo de sons nunha odisea elástica en canto a variedade de estilos e tendencias musicais se refire. Plástico Elástico é un programa exclusivamente musical no que se programa música elaborada en galicia (interpretada en calquera idioma). Programación de novos discos e maquetas, entrevistas a: grupos, compañías discográficas, revistas musicais, promotoras de concertos e festivais, salas de concertos, etc ... sorteos de discos e entradas para concertos, mellor maqueta do mes segundo os/as nosos/as ointes e unha axenda de concertos semanal da nosa comunidade son algúns dos contidos deste espazo musical. Plástico Elástico abarca tódalas tendencias musicais (pop alternativo, rock underground, punk-rock, blues, jazz, indie, metal, rockabilly, psichobilly, country, soul, funk, flamenco, folk, techno-pop, hip hop, electrónica, etc ...) ainda que se centra un pouco máis no mundo do rock and roll. En Plástico Elástico soan desde grupos que acaban de autoeditarse a súa primeira maqueta, pasando polos que acaban de editar o seu primeiro traballo discográfico ata bandas que levan anos funcionando e rexistrando multitude de gravacións. Todos teñen o seu espazo dentro do programa. Normalmente soan grupos novos (sempre é un programa de contínua actualidade musical) aínda que tamén rescatamos de cando en vez temas de grupos galegos que xa non existen ou que os seus ex-componentes teñen novas aventuras musicais. En Plástico Elástico tamén soan bandas do resto do planeta que veñen a actuar a Galicia. |