| Hoxe xoves ás 23h programa 47 de Plástico Elástico en Radio PAI |
|
|
|
| Xoves, 09 Xuño 2011 13:53 |
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Metralletas Lecheras que se achegaron ao noso estudio para falarnos do seu novo disco "Melodías para Romanos" (Bowery Records, 2011). Disco de vinilo que estarán presentando mañá venres 10 de xuño ás 22.00 no Cachán Clube de Compostela acompañados do grupo de Chantada Le Cûl.Asimesmo, pasouse polo noso programa Xocas López (batería de The Homens) para presentarnos o cartel da 10ª e derradeira edición do Festival Rock en Costa que se vai celebrar este sábado día 11 de xuño ás 21.00 no compostelano barrio do Castiñeiriño.
Na nosa axenda semanal recomendamos os concertos que ofrecerán estes días por Galicia bandas coma: Motociclón,Misterioso Viaje Holanda, Post Mortem e The Cynics.
Falamos da presentación do novo videoclip dos coruñeses Combo Dinamo "Quieto, Muere, Resucita!!!" que terá lugar este sábado ás 12 da noite no Pub 14! de A Coruña e rematamos a edición co novo traballo de Uxía "Meu Canto" (Fol Música, 2011), editado con motivo dos seus 25 anos de carreira.
Nesta edicion soaron: Metralletas Lecheras, Le Cûl, Samesugas, Redullos, The Homens, Motociclón, Combo Dinamo, Misterioso Viaje Holanda, Post Mortem, The Cynics, Invivo e Uxía. Escoita ou descarga o programa facendo click en "escoitar programa" ou sintonízanos os xoves ás 23.00 en todo o planeta desde www.radiopai.com e ao longo da semana nas ondas hertzianas da túa cidade: Radio Kalimera (Compostela), Cuac F.M. (A Coruña), Radio Filispím (Ferrol), Radio Roncudo (Corme), Radio Neria (Corcubión) e Radio Piratona (Vigo). Consulta os horarios e puntos do dial na páxina de información do noso Facebook.
|