| Esta semana programa 60 de Plástico Elástico en Radio PAI |
|
|
|
| Xoves, 24 Novembro 2011 18:53 |
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Kastomä e Chícharo Psicótico. As dúas bandas de Ordes achegáronse ao Musical Underground Especializadopara presentarnos os seus últimos traballos discográficos e a Xira que ámbolos dous grupos realizarán ao longo dos vindeiros meses por diferentes puntos da xeografía galega.
Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Combo Dinamo, Disco Las Palmeras, Mato Grosso, Supersubmarina, Los Chavales, Sés, Meneo, Cat People e Sarah Jaffe (Voces Femeninas).
Regalamos Entradas para ver esta semana en Compostela a Combo Dinamo (Ultramarinos), Los Chavales (Cachán Clube) e Meneo (Club La Radio).
Nesta edición soaron: Kastomä, Chícharo Psicótico, Combo Dinamo, Disco Las Palmeras, Mato Grosso, Supersubmarina, Los Chavales, Sés, Meneo, Cat People e Sarah Jaffe. Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).
Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai
|