|
Os Carunchos compartirán cartaz cos grupos ArdentÃa e Aluarado entre outros na VIII edición do festival "Noite da Lúa Meiga", un festa da música tradicional que se celebrará os próximos dÃas 29 e 30 no monte Outeiro Grande de O Viso, en Redondela. O programa de actos, contará con xogos populares, un xantar, e como principal novidade desta edición, un encontro de chimpÃns decorados con flores e distintos motivos relacionados co campo, resaltando asà o carácter rural do certamen.
O responsable da organización, Xosé Covelo, destacou como obxectivos do evento "a promoción da música e cultura galega", como evidencia a gran oferta do cartaz, que no seu segundo dÃa ofrece as actuacións de varios grupos de pandereteiras, coros e danzas da comarca, ademais de manter o escenario aberto ao público durante toda a xornada.
A organización tamén facilitará o acceso do público ao concerto do dÃa 29 coa posta en fucionamiento dun servizo de autobús gratuito que percorrerá a parroquia de O Viso entre as 21.00 e as 4.00 horas. Con esta iniciativa preténdese evitar unha aglomeración de vehÃculos na cima do monte, asà como posibilitar o acceso a persoas con problemas de movilidade. "Noite da Lúa Meiga" naceu en 2001 impulsado pola agrupación folclórica Terra Meiga e a Asociación Cultural Santa MarÃa de O Viso, e a partir da súa terceira edición o seu escenario pasou ao monte Outeiro Grande, un espectacular mirador sobre RÃaa de Vigo. Nos últimos anos consolidouse como un dos festivales folk de referencia na comarca, ao reunir a máis de 2.000 persoas.
"En Galego" cuarto traballo deste grupo de música tradicional galego.

|