| PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone |
|
|
|
| Xoves, 01 Outubro 2009 20:43 |
O galego Alexandre de Fisterra foi o primeiro en idear e fabricar o que se convertiría anos despois, no invento galego máis popular do mundo, o futbolín. Dende PAI Música tamén tiñamos a nosa teima de querer promocionar para todo o mundo, o mellor da música feita en Galicia. E finalmente demos feito :)
PAI Música convírtese, según a información que dispón o distribuidor multinacional de música dixital "The Orchard", na primeira discográfica de España en lanzar todo o seu catálogo musical nunha aplicación para iPhone e iPod Touch. PAI Música presenta así a súa App gratuíta chamada iPAI. Unha aplicación que aglutina toda a información dos grupos e artistas pertencentes ao selo discográfico. De forma gratuíta os seguidores e amantes da música feita en Galicia poderán ter no seu móbil toda a nosa música. Dende escoitar, ver vídeos, consultar novas, seguir a axenda de concertos, consultar a discografía, escoitar Radio PAI online,... así como poder opinar sobre todos os contidos da aplicación e publicalos nas redes sociais. Soa ben, non si ? Vista a páxina de IPAI |