| Novos concertos de Mitocondrias |
|
|
|
| Xoves, 21 Xaneiro 2010 10:42 | ||||||||||||||||||||||||||||||
|
O quinto disco do grupo ourensán "Mitocondrias", titulado "QUE ME QUITEN LO BAILAO" estreado no 2009, é un disco conceptual, tódolos temas tocan nas súas letras a adición e o consumo de diferentes drogas, tanto legais como ilegais, coa única pretensión de dar unha visión normalizadora dunhas sustancias empregadas dende que o home é o que é. O xerme da banda formouse nun bar, no ano 1989. Pasaron milis, músicos e bolos, ate que no 93 de xira por Portugal ofrecéronlle gravar un disco. E alá marcharon a Viana do Castelo, a gravar e voltamos co noso primeiro disco "Tiempos Dificiles" debaixo do brazo. Xiramos por Españaa e Portugal pero as idas e vidas dos músicos desestabilizaron á banda, ata que no 97 con David á guitarra conclúese a formación actual.No 2003 como Power Trio editan "Quien no Corre Vuela" coa discográfica ourensán Arteficción Discos e no 2006 como cuarteto, "Trankilidad". No 2007 fan dous vídeos musicais ("Perro" e "La Resaca"), unha canción editada nun recopilatorio de bandas ourensáns e autoeditadas nun concerto nos "Directos Na Radio Galega".
VER VIDEO |