Follow us on Twitter
Plástico elástico volve ás ondas en Radio PAI PDF Imprimir Correo-e
Luns, 31 Maio 2010 17:09

plastico elástico, todos os xoves ás 23Despois de varios anos de silencio o espazo radiofónico Plástico Elástico volve ás ondas da Radio PAI os xoves ás 23.00h. 

Plástico Elástico comezou no outono de 1.996 nas ondas da desaparecida Radio Medellín en Santiago de Compostela da man de César Varela (colaborador durante anos das revistas: Ruta 66, Mondo Sonoro, Bambán, Spiral. Fanzines: Subterfuge, Harlem, Plástico Elástico, Las flores del vertedero e radios: Radio Voz, Radio Obradoiro, Radio Galega e Radio 3) pasando logo a emitirse na Radio Kalimera onde volveu de novo o pasado mércores 12 de maio as 23.00h. e a partires do vindeiro xoves día 3 de xuño na Radio PAI tamén ás 23.00h.
Plástico Elástico é unha viaxe por unha odisea musical que percorre galicia. Unha viaxe na que se mesturan todo tipo de sons nunha odisea elástica en canto a variedade de estilos e tendencias musicais se refire.

Plástico Elástico é un programa exclusivamente musical no que se programa música elaborada en galicia (interpretada en calquera idioma). Programación de novos discos e maquetas, entrevistas a: grupos, compañías discográficas, revistas musicais, promotoras de concertos e festivais, salas de concertos, etc ... sorteos de discos e entradas para concertos, mellor maqueta do mes segundo os/as nosos/as ointes e unha axenda de concertos semanal da nosa comunidade son algúns dos contidos deste espazo musical.

Plástico Elástico abarca tódalas tendencias musicais (pop alternativo, rock underground, punk-rock, blues, jazz, indie, metal, rockabilly, psichobilly, country, soul, funk, flamenco, folk, techno-pop, hip hop, electrónica, etc ...) ainda que se centra un pouco máis no mundo do rock and roll.

En Plástico Elástico soan desde grupos que acaban de autoeditarse a súa primeira maqueta, pasando polos que acaban de editar o seu primeiro traballo discográfico ata bandas que levan anos funcionando e rexistrando multitude de gravacións. Todos teñen o seu espazo dentro do programa.

Normalmente soan grupos novos (sempre é un programa de contínua actualidade musical) aínda que tamén rescatamos de cando en vez temas de grupos galegos que xa non existen ou que os seus ex-componentes teñen novas aventuras musicais.

En Plástico Elástico tamén soan bandas do resto do planeta que veñen a actuar a Galicia.

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas