O pasado 20 de maio tivo lugar en Pontevedra, un concerto homenaxe á traxectoria da Sra. Carmen, a voz máis carismática do grupo Malvela.
No concerto, a cantante estivo arroupada por artistaa como Uxía Senlle, Rodrigo Romaní e as propias Malvela, con Celso Sanmartín como mestre de cerimonias e fío conductor de todo o acto no que se repasou a importancia da Sra Carmen como icono do patrimonio inmaterial galego.
Casa de Tolos encargouse de grabar o concerto en audio e vídeo, así como da realización en directo proxectada durante a actuación no propio auditorio. Publicaremos algún video do concerto na web para que poidades desfrutar del.
Na flor dos meus anos - Sra. Carmen
Na flor dos meus anos" é o primero traballo discográfico en solitario da compoñente máis carismática de Malvela: A Señora Carmen. Aos seus 82 anos, cunha "tremenda xuventude acumulada", a Señora Carmen é un tesouro vivo da música galega tradicional. "Na flor dos meus anos" consta de un libro, escrito polo recoñecido literato galego Fran Alonso, e un CD con 11 cancións e un DVD cun documental onde a Señora Carmen relata os seus recuerdos e nos amosa o seu lado máis humán.
Adobe Flash Player not installed or older than 9.0.115!