Follow us on Twitter
Treixadura prepara xa o último disco da súa tetraloxía PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Xuño 2010 14:39

Treixadura gaiteiros nos estudios de Casa de TolosEsa sí que é muiñada, este será o nome o novo traballo que pecha a tetraloxía de Treixadura Gaiteiros e que contará co Orfeón Treixadura que tamén colaboraron no anterior traballo "Unha semaniña enteira" (PAI Música 2006).

Tantos os gaiteiros como o orfeón estiveron estes días nos estudios de Casa de Tolos en Gondomar para grabar parte do que será o quinto traballo musical do grupo, e a última parte desta tetraloxía que comezou no ano 1999 co disco "Unha noite no muíño".

"Unha semaniña enteira" é o novo traballo discográfico   de Treixadura, un dos grupos máis importantes no campo da música   tradicional galega. Neste novo traballo, no que contan coa colaboración   das voces do Orfeón Treixadura, o grupo mantén a filosofía que o   caracteriza dende que comezara a súa andadura naquel vello muíño   redondelano: misturar temas coñecidos da música galega con outros que se   intenta rescatar do anonimato para dalos a coñecer con toda a forza e   frescura características da nósa música. Neste cuarto traballo   discográfico do grupo, como continuación dos dous anteriores, “Unha   noite no muíño” e “Unha noite non é nada”, inciden nesta ocasión no   pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega, e   reivindican, unha vez máis, a transmisión das melodías e do nóso   patrimonio cultural. Xúntanse dúas concepcións ben arraigadas na música   da nosa terra: o canto e a gaita; o Orfeón Treixadura e Treixadura   Gaiteiros; a música tradicional salvagardada polos coros decanos   galegos, as cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado,   as melodías de gaita que máis prenden en nós, as novas cantigas que   Treixadura “peneira no seu tremiñado”.

comprar_aqui_gl

Unha semaniña enteira é o último traballo discográfico presentado de Treixadura, un dos grupos máis importantes no campo da música tradicional galega. Neste novo traballo, no que contan coa colaboración das voces do Orfeón Treixadura, o grupo mantén a filosofía que o caracteriza dende que comezara a súa andadura naquel vello muíño redondelano: misturar temas coñecidos da música galega con outros que se intenta rescatar do anonimato para dalos a coñecer con toda a forza e frescura características da nósa música.

Foliadas, muiñeiras, polcas e cantos son repasadas polos gaiteiros Treixadura e o seu orfeón dende o máximo dos respectos e imprimíndolle unha nova vida á nósa música.