Follow us on Twitter
Carlos Childe ponlle voz á longametraxe, O apóstolo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xullo 2010 07:52

apostoloA primeira película de animación stop-motion estereoscópica rodada en Europa 'O Apóstolo' estréase este xoves no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
A proxección da película conta coa interpretación en directo da banda sonora pola Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Caixa Galicia Terra a Nosa, baixo a batuta de David Hernando, director da Bratislava Symphony Orchestra.


A banda sonora foi composta por Philip Glass, Xavi Font e Arturo Vaqueiro. Destaca tamén a colaboración do zanfonista Anxo Pintos pertenciente ao grupo Berrogüetto. O  músico Carlos Childe colabora pondo voz á canción da película, composta por Xavi Font.

Asistentes
Ademais da asistencia de parte dos 540 socios co-produtores da película que compraron as súas accións por Internet, estarán os actores Carlos Branco, Xosé Manuel Olveira Pico, Celso Bugallo, Manuel Manquiña, Isabel Branco, Pedro Alonso e Jacobo Rei. Acudirán tamén  Camila Bossa, Morris, Iria Piñeiro e Elvira Primavera, viúva de Paul Naschy.

De entre os  representantes das autoridades e organismos oficiais que apoiaron o desenvolvemento deste proxecto acudirán Alfonso Cabaleiro, secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago Xosé Manuel Bugallo e Socorro  García  da Concellaría de Cultura. A directora da TVG Rosa Vilas, Dores Meijomín do Consorcio Audiovisual de Galicia, Cristina Quintela do IGAPE, Rosario Sarmiento representante da Fundación Caixa Galicia e Rosalía Mera presidenta da Fundación Paideia.