| Carlos Childe - Cooking melodies |
|
|
|
| Sábado, 29 Marzo 2008 20:56 |
|
“Cooking melodies” é un disco preparado sen aditivos nin colorantes na cociña de Casa de Tolos polo chef Segundo Grandío, aderezado cun chisquiño de swing e blues, e con moito, moito fundamento. Altamente saudable e recomendable para quen padeza síntomas de anorexia musical. Un magnífico exercicio de estilo que destaca claramente a calidade das composicións así como a forza interpretativa coa que Carlos Childe explora os terrenos do folk-blues e o country-rock. Este traballo consta de 12 cancións ao máis puro estilo blues como “Sitting by the fire” ou “Rain in september”, temas pegañentos como “White donkey” ou “Gold for love” e magníficas versións de clásicos como “The house of the rising sun” ou “Blue moon”. "Cooking melodies" é un disco feito por e para amantes do blues.
|