Follow us on Twitter
Solistas

Xil Rios rece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos  galegos para atopar diferentes sonoridades, contando para elo coas  colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María  Solleiro. "Cinsa namorada" é o primeiro disco en solitario de Tino  Baz que ten como finalidade crear un soporte sonoro da súa obra como  autor, músico e cantor. É o resultado dun proceso de madurez creativa a  través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en  diferentes colaboracións con grupos da música galega e como músico que  percorreu e espallou o seu traballo tanto en España como no resto do  mundo. As pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino  Baz xunto a un poema da escritora luguesa Marica Campos, que ven a ser  que avala literariamente este traballo. Musicalmente, ven ser o veterano  músico Moisés Quintas que asume a dirección artística e quen coordina a  participación dos diferentes instrumentistas que interveñen no  traballo. Con "Cinsa namorada", Tino Baz cumpre o seu desexo  de facer un aporte fresco ao panorama da música galega actual, na  parcela da canción de autor. roicasal_lendasdouradas_portada150x150
comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl Comprar aquí comprar_aqui_gl
Na flor dos meus anos" é o primeiro traballo discográfico en  solitario da compoñente máis carismática de Malvela: a Señora Carmen.  Aos seus 82 anos, cunha "tremenda xuventude acumulada", a  Señora Carmen é un tesouro vivo da música galega tradicional. "Na  flor dos meus anos" consta dun libro, escrito polo prestixioso  literato galego Fran Alonso, un CD con 11 cancións e un DVD cun  documental onde a Señora Carmen relátanos a súas lembranzas e amósanos o  seu lado máis humano. No CD hai colaboracións musicais de luxo, dende a  portuguesa Dulce Pontes, ata os galegos Uxía, Xosé Manuel Budiño,  Rodrigo Romaní ou membros de grupos tan importantes como Treixadura,  Berrogüetto ou Malvela. "Na flor dos meus anos" é ler,  escoitar e ver a unha lenda viva da nosa Galicia. "Sin novedad en el frente" é o segundo disco en solitario  do cantautor Javier González Méndez, un traballo que fala de  cicatrices, de novos alicientes, desa dama de compaña, que a veces  resulta fermosa e sedutora, á que a chamamos tantas veces con medo,  soledade. Gravado nos estudios de Casa de Tolos baixo a produción  musical de Segundo Grandío, "Sin novedad en el frente" conta  coas colaboracións de luxo de Isaac Palacín (Berrogüetto) á batería,  Diego Pacheco ás guitarras acústicas e eléctricas, Marcos Legazpi aos  teclado e o piano, e o propio Segundo Grandío ao baixo. Javier González se redescubre así mismo en este nuevo disco y nos  muestra un trabajo lleno de mensajes.  Para aquellos a los que le gusta  darle vueltas a las cosas y verlos desde el prisma de la sencillez y la  realidad de la vida misma, sin duda este es su disco.

Contar a  historia de Magín Blanco é facelo dunha xeración á sombra dos fastos  dos tan traidos e levados anos 80. Membro fundador do mítico grupo La  Rosa, tras varios anos alonxado da música, no 1996 reaparece na escea  musical con "Ella...", o seu primeiro disco en solitario,  gravado nos estudios Casa de Tolos baixo a produción de Segundo Grandío.  "Ella..." é un traballo plantexado polo propio Magín como un  regalo, unha forma de dar as gracias ás mulleres. Magín contou coa  colaboración de Pepe Losada (guitarra acústica, dobro, stell guitar),  Isaac Palacín (batería, percusión) e o propio Segundo Grandío (baixo).  Ademáis o disco conta coa lista de invitados de luxo: Gloria van Versen  (Vainica Doble), a cantante galega Uxía ou Nancho Novo, entre outros.

comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl

Segunda entrega discográfica en solitario do músico e compositor  ourensán Magín Blanco. Tralo bó sabor de boca deixado con  "Ella", volve agora con "Realidad", outra magnífica  colección de cancións, a medio camiño entre a música de autor, o pop e o  folk. "Realidad" segue a liña intimista do seu anterior  traballo, pero amósanos unhas cancións máis vitalistas, coidadosamente  arranxadas, que están dirixidas a chegar ao corazón de quen as escoite.  Dende a ledicia de temas como "La fiesta" ou "Hielo sobre  hielo", á melancolía de "El corazón de los pájaros" ou  "Sus cosas", ou ás pegadizas "Lluvia dorada" ou  "Las mareas". "Realidad" foi producido e gravado por  Segundo Grandío nos estudios Casa de Tolos. Ademais, Magín conta coa  colaboura de Pepe Losada ás guitarras, Isaac Palacín (Berrogüetto) á  batería e o propio Segundo Grandío ao baixo.


 

 

comprar_aqui_gl


 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas