Follow us on Twitter
Presentación de "Cinsa namorada" de Tino Baz no Auditorio Caixa Galicia de Lugo. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Abril 2008 08:43

Tino BazEste venres 4 de Abril no Auditorio Caixa Galicia de Lugo a partires das 20:00 h, o músico e cantor Tino Baz presentará ante o público lucense "Cinsa namorada", o seu primeiro traballo discográfico en solitario. "Cinsa namorada" son música e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora lucense Marica Campo, que ven a ser quen avala literariamente este traballo.
Musicalmente, Moisés Quintas é quen asume a dirección e coordinación artística de todos os artistas que participan no disco como Alex Ríos, Mercedes Arribe, Mini e Mero (Fuxan os ventos) ou Xan López (Treixadura), entre outros. Antigo compoñente do grupo A Roda, Tino realizou varias colaboracións discográficas con artistas da talla de Suso Vaamonde, Treixadura ou Quempallou.
 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música