Inicio Concurso de mesturas Lamatumbá Amplíase o plazo do concurso de remix de Lamatumbá
Follow us on Twitter
Amplíase o plazo do concurso de remix de Lamatumbá Correo-e
Escrito por SG   
Mércores, 26 Novembro 2008 20:18

Remix LamatumbáMoitos foron os correos que recibimos nestes últimos días de xente apurada por entregar a súa versión de "Farto" ao concurso de remix de Lamatumbá. E nos últimos temas que recibimos moitos aseguraban chegar polos peliños e non ter tempo para mesturalo mellor. Tal e como publicamos nas bases o proceso de recollida das mesturas remataba maña 27 de novembro pero reunido o grupo de sabios ghaiteiros acordamos dar 9 días máis de prazo para entregar a remeclas e así dar oportunidade aos máis rezagados que polo que parés xa teñen os temas case rematados.

Pois eso, que tedes ata o 5 de decembro aínda para presentar as misturas alternativas de "Farto". Lamtumbá: "Somos os primeiros sorprendidos por ter recibido propostas de Arxentina, Canarias, Catalunya... E temos escoitado algunhas verdaderamente sorprendentes. Nalgunha delas parecemos Los Manolos, noutra os Facto de la Fé, noutra Chimo Bayo (jujá). E dígoche en serio que algunha se cadra nos mola máis que a orixinal. Qué imaxinación ten esta xentiña, que hai algún que presentou ata tres diferentes (de momento)." Pero bueno, se aínda queredes amosar o alguimista sonoro que levades dentro, estades a tempo de descargar as pistas e participar no concurso.

Lembrade ata o día 5 de nadal. Data límite.