| Presentación do novo disco de Lamatumbá |
|
| Escrito por SG |
| Venres, 23 Maio 2008 18:47 |
|
A Praza de Cervantes de Santiago de Compostela foi o escenario elixido para que a banda ourensá fixese unha actuación "sorpresa" e presentasen eles mesmos o seu novo disco.Ante o asombro dos viandantes, que se atoparon ao grupo tocando na rúa, Lamatumbá fixo un repaso en direto da meirande parte dos temas que compoñen "Paraugas universal", mentres zancudos e malabaristas facían as delicias dos máis pequenos e repartían folletos e singles promocionales da banda. Esa mesma noite, a banda ourensá comezou a súa nova xira de concertos cunha actuación na Sala Capitol de Santiago onde despregaron toda a forza do seu direto. "Camiños", "Severino", "Delito", "Malas herbas" ou "Aquí" soaron ante un fervoroso público que abarrotou a sala. As máis das dúas horas do concerto foron sen dúbida, a guinda perfecta dun día inesquecible. Todo isto podedes velo no vídeo que preparamos para todos vós.
|