Parabéns a tódolos premiados
Aquí están os nomes dos premiados no concurso de ilustracións Año Pitaño, convocado por PAI Edicións para ilustrar o libro disco do mesmo nom...
Celtic Roots se presenta en Manchester
Budiño, Dónal Lunny e McGoldrick se reúnen en Manchester para presentar el disco “Celtic Roots”
Una veintena de alumnos del CEIP Humberto J...
Xa está dispoñible O Año Pitaño
“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, a...
“Cuerdo de Remate” o último traballo de Mario Malapersona
Cantautor peculiar, músico polifacético versátil e incorrexible. Mario Malapersona é un deses artistas que din o que pensan, pensan o que din, e...
Os Terribles de Donas presentan o seu segundo disco “Pedramoura”
Os Terribles de Donas regresan a actualidade musical co seu segundo álbum “Pedramoura” un traballo que recolle o seu legado musical e presen...
Os Terribles de Donas presentando o seu disco en Baiona e Melide
Os Terribles de Donas achegaranse este mércores 25 de maio ás 23h na praza do concello de Baiona (Pontevedra) para presentar o seu traballo discogr...
JabonBlue no concerto presentación da campaña LIBRE
O pasado 24 de Febreiro tivo lugar na Sala Capitol o concerto presentación da campaña LIBRE a cargo de Jabón Blue.
Concerto de Jabon Blue na festa vikinga de Catoira
A banda do Barbanza estará o sábado 31 de xullo na Festa Vikinga de Catoira presentando o seu novo traballo "Flores en la carretera" (PAI Música 2...
Son da Alma nace do aroma das orquestras, do que nos namorou cando cativos
Confesa ademais o rapsoda de Moaña: "Non todo foi 'Xirarei', as pezas reivindicativas son as que máis me emocionan".
Antes de nada, como é que unh...
Novo video clip de Xil Ríos
Xa está aquí o novo videoclip de Xil Ríos, Maruxa baila conmigo, o tema deste verán en todas as festas de Galicia. Un vídeo gravado polos estudio...
Carlos Childe de xira por Madrid
Carlos Childe acaba de chegar de Madrid tras ofrecer unha serie de concertos nun coñecido local da capital.
Carlos Childe ponlle voz á longametraxe, O apóstolo
A proxección da película conta coa interpretación en directo da banda sonora pola Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Caixa Galicia Terra a ...
Celtic Roots avanza nas gravacións
A poucos días de que o equipo de Casa de Tolos faga a travesía á Bretaña francesa, Inglaterra e finalmente Irlanda para continuar coas gravacións...
Programa 69 de Plástico Elástico en Radio PAI
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Nonito Pereira (Coordinador da Edición Galicia, Castilla e León da Revista Mondo Sonoro)...
Programa 68 de Plástico Elástico en Radio PAI
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Pedrito Diablo & Los Cadáveras, que se achegaron ao Musical Underground Especializado... | Os Terribles de Donas presentan o seu segundo disco “Pedramoura” |
| Escrito por Clara Sanroman |
| Luns, 05 Decembro 2011 12:06 |
|
Os Terribles de Donas regresan a actualidade musical co seu segundo álbum “Pedramoura” un traballo que recolle o seu legado musical e presenta novas composións. Un álbum tradicional que Os Terribles presentarán a partir do 3 de decembro en Furanchos e espacios tradicionais galegos
Agora, gracias a memoria e tesón dos descendentes daqueles primeiros Terribles podemos voltar a gozar da música desta formación que tanto bailaron os nosos país e avós. Dende o 2004 Manuel Antunez, Manolo Sousa, Suso Sousa, Xurxo Antúnez, Veronica Sousa e Xaime Estévez están a traballar na recuperación do repertorio dos primeiros Terribles. No 2009 sacaron o seu primeiro traballo discográfico, editado por PAI Música, “Abrollido”, unha magnifica recolección sonora de 12 temas, acompañadas por un libro que nos axuda a coñecer a historia dos Terribles. PEDRAMOURA “Pedramoura”, gravado nos estudios de Casa de Tolos (Gondomar) e editado por Pai Música, é o segundo disco desta formación que cada día se esforza por recuperar o seu pasado, gozar do presente e labrar un novo futuro. Unha formación na que as diferentes xeracións danse a man para gozar da música tradicional. “Pedramoura” é un paso máis na recuperación do legado do patrimonio sonoro e representa a consolidación de Os Terribles do século XXI. Un grupo, e non só musical, que segue a recuperar o seu repertorio para unilo as novas melodías compostas por eles mesmos. Neste traballo atopamos 19 temas que fan un completo percorrido pola música galega. Dende a máis coñecida muiñeira, acompañada de foliadas, pasodobles, rumbas e ata algunha polca. O nome deste álbum buscaronno Os Terribles no lugar de Pedra Moura, e o seu castro no Monte da Pinceiras. “Facendo unha homenaxe a un dos lugares máis espectaculares e emblemáticos do Val Miñor” segundo aseguran eles mesmos. Pedramoura viviu a historia de Os Terribles moi de preto, e se alí foi onde os primeiros Terribles fixeron o seu debut musical, alí é onde Os Terribles do século XXI buscaron a inspiración para este segundo traballo. E non só a inspiración, pois todos os que merquen o disco atoparán algo máis dese máxico lugar chamado Pedra Moura… |
| LAST_UPDATED2 |
Musiqueoh é un agregador de páxinas que falan de música, nomeadamente música galega. O obxectivo é presentar de xeito cómodo e compacto as novas fresquiñas que se xeran nas moitas webs en galego sobre música que existen.