Parabéns a tódolos premiados
Aquí están os nomes dos premiados no concurso de ilustracións Año Pitaño, convocado por PAI Edicións para ilustrar o libro disco do mesmo nom...
Celtic Roots se presenta en Manchester
Budiño, Dónal Lunny e McGoldrick se reúnen en Manchester para presentar el disco “Celtic Roots”
Una veintena de alumnos del CEIP Humberto J...
Xa está dispoñible O Año Pitaño
“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, a...
“Cuerdo de Remate” o último traballo de Mario Malapersona
Cantautor peculiar, músico polifacético versátil e incorrexible. Mario Malapersona é un deses artistas que din o que pensan, pensan o que din, e...
Os Terribles de Donas presentan o seu segundo disco “Pedramoura”
Os Terribles de Donas regresan a actualidade musical co seu segundo álbum “Pedramoura” un traballo que recolle o seu legado musical e presen...
Os Terribles de Donas presentando o seu disco en Baiona e Melide
Os Terribles de Donas achegaranse este mércores 25 de maio ás 23h na praza do concello de Baiona (Pontevedra) para presentar o seu traballo discogr...
JabonBlue no concerto presentación da campaña LIBRE
O pasado 24 de Febreiro tivo lugar na Sala Capitol o concerto presentación da campaña LIBRE a cargo de Jabón Blue.
Concerto de Jabon Blue na festa vikinga de Catoira
A banda do Barbanza estará o sábado 31 de xullo na Festa Vikinga de Catoira presentando o seu novo traballo "Flores en la carretera" (PAI Música 2...
Son da Alma nace do aroma das orquestras, do que nos namorou cando cativos
Confesa ademais o rapsoda de Moaña: "Non todo foi 'Xirarei', as pezas reivindicativas son as que máis me emocionan".
Antes de nada, como é que unh...
Novo video clip de Xil Ríos
Xa está aquí o novo videoclip de Xil Ríos, Maruxa baila conmigo, o tema deste verán en todas as festas de Galicia. Un vídeo gravado polos estudio...
Carlos Childe de xira por Madrid
Carlos Childe acaba de chegar de Madrid tras ofrecer unha serie de concertos nun coñecido local da capital.
Carlos Childe ponlle voz á longametraxe, O apóstolo
A proxección da película conta coa interpretación en directo da banda sonora pola Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Caixa Galicia Terra a ...
Celtic Roots avanza nas gravacións
A poucos días de que o equipo de Casa de Tolos faga a travesía á Bretaña francesa, Inglaterra e finalmente Irlanda para continuar coas gravacións...
Programa 69 de Plástico Elástico en Radio PAI
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Nonito Pereira (Coordinador da Edición Galicia, Castilla e León da Revista Mondo Sonoro)...
Programa 68 de Plástico Elástico en Radio PAI
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Pedrito Diablo & Los Cadáveras, que se achegaron ao Musical Underground Especializado... | Roger de Flor presenta “El mundo está loco,loco,loco…” |
| Escrito por Clara Sanroman |
| Mércores, 22 Xuño 2011 00:00 |
|
As cancións que compoñen este disco son moi persoais, na súa maioría compostas integramente polo propio Roger de Flor, “algunhas das cales estiveron dous ou tres anos na recamara” afirma Roger. Na composición repite colaboración co seu inseparable Sergei Izmailov e có periodista Nicolás Vidal. “El mundo está loco,loco,loco…”, gravado nos estudios “Anca” (Neda) e mesturado/masterizado nos estudios de “Casa de Tolos” (Gondomar), do prolífico Segundo Grandío, preséntanos temáticas como a necesidade de reciclarse a un mesmo periodicamente, amores prohibidos e estraños, certo desencanto mundano, o hartazgo da televisión, etc… Todo envolto no inconfundible estilo irónico-emotivo do artista fenés, e aderezado con ritmos swing, pop o rock’n’roll. Unha das novidades deste disco reside na incorporación dunha sección de metais que lle da certo carácter soul a algunhas das súas novas creacións. En “El mundo esta loco…” volven participar algúns dos seus colaboradores habituais, músicos de calidade e experiencia contrastadas como Cabe García, Fran Rey, Víctor Gacio e Sergei Izmailov, entre outros.
ROGER DE FLOR Roger de Flor (Fene-A Coruña) comezou a súa andanza en solitario no 2007 con “Canciones de amor y retranca” e dende entón a súa presenza na escena musical non deixou de crecer. En 2009 sae o mercado o seu disco “Naturalidad Silvestre”, inspiración do documental “Roger de Flor: Naturalidad Silvestre”, có que percorreu toda a xeografía galega, presentando as súas cancións e o propio documental.
LISTADO DE CANCIÓNS
1-CONDUCIENDO: Unha metáfora en clave road music para falar da urxencia vital de ollar hacia diante tras algún desengano. Ritmo swing para un estribillo pegadizo. 2-VOY A CAMBIAR DE VIDA: Comezo “royorbinsoniano” para unha canción breve con un crescendo constante que acentúa a súa vitalidade e emoción. 3-AI MEU AMOR: Canción que semella unha homenaxe musical a Honeybus na que que a tenrura e a perversidade conflúen de xeito inquietante. 4-ALGUIEN COMO TÚ: Novamente o artista envía unha mensaxe esperanzadora no medio dun ambiente melancólico. Metais souleiros nun medio tempo rockeiro. 5-BROTA: Reflexa o instante no que aparece algún tipo de emoción, o amor. 6-CAUSA PERDIDA: Amores imposibles e prohibidos envolta nun ambiente dylanianio. 7-EL MUNDO ESTÁ LOCO, LOCO, LOCO: Aquí o humor de De Flor fía fino para mesturar a letra descorazonadora e tristona nun ambiente musical luminoso e alegre. 8. NON PENSO VOLVER A VER A T.V.: Rexouba sobre a sobredimensión que a T.V. ten nas nosas vidas. Colabora o Marqués das Viñas cunha mefistofélica interpretación dramática. 9-ME HA ABANDONADO POR…: De novo a retranca fai a súa aparición nesta canción para afrontar un desenlace sentimental con sorpresa. 10-CANTO EU A QUERÍA: A necesidade de querer e ser querido nun ambiente misterioso envolto en ritmo de bossanova.
PRÓXIMOS CONCERTOS · 21 de xuño no Garufa (A Coruña) · 22 de xuño no CC Torrente Ballester (Ferrol) · 1 de xullo no Pub La Divina Comedia (Pontedeume) · 2 de xullo Praza do Cantón (Noia) ás 22:00. · 8 de xullo no Pub As de Copas (A Guarda) · 9 de xullo no Bar Labranza (Bueu) · 23 de xullo na Casa de Carmen (Betanzos) · 29 de xullo no Pub TBO (Noia) ás 22:30. · 12 de outubro na Reixa (Santiago) · 11 de novembro no Pub Gatos (Melide) · 18 de novembro na Sala Super 8 (Ferrol) · 3 de decembro no Club Clavicembalo (Lugo) |
| LAST_UPDATED2 |
Musiqueoh é un agregador de páxinas que falan de música, nomeadamente música galega. O obxectivo é presentar de xeito cómodo e compacto as novas fresquiñas que se xeran nas moitas webs en galego sobre música que existen.