Inicio Inicio PAI Rock&Pop Presentación de "Flores en la carretera" en Estudio3, de Radio Galega Música
Follow us on Twitter
Presentación de "Flores en la carretera" en Estudio3, de Radio Galega Música PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Maio 2010 13:21

 

alt

 

Jabón Blue presentou onte á noite para todo o mundo, e dende as ondas de Radio Galega Música e Radio PAI o seu novo traballo "Flores en la Carretera", editado por PAI Música. O concerto foi moi seguido polo seus fans, que non deixaron de animar ó grupo dende diferentes redes sociais que cubrían o evento en directo. Cómpre felicitar ós músicos por un excelente traballo e pola entrega habitual nas súas actuacións, cousa que agradeceron especialmente os seus seguidores máis fieis.

Podedes ver as fotos no facebook de PAI Música. O podcast será subido ó longo do día de hoxe á nosa web, e a vindeira semana poderedes atopar xa o video do concerto.

O seguinte concerto será o próximo sábado 29 de maio na sala Tonos de Boiro. O concerto previsto para hoxe, venres 21, no Clandestino Bar da Ramallosa (Nigrán) tivo que ser suspendidos polo desgraciado falecemento da nai de Pony, o baixista do grupo. Dende PAI  Música, tódolos ánimos e forzas para Pony.

Vémonos en Boiro!!

 
Cartel

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



PAI Axenda

PAI AxendaPAI Axenda. Os próximos concertos, presentacións...para que non perdas detalle.

Galería

Relacionadas