Inicio Inicio PAI Rock&Pop Moon Cresta - eROCKtile dysFUNKtion SOULutions
Follow us on Twitter
Moon Cresta - eROCKtile dysFUNKtion SOULutions PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 29 Marzo 2008 18:51

Moon CrestaOs piares do son de Moon Cresta están fundamentados nunha moi firme base rítmica creada por riffs – en ocasións duros e rocosos; outras veces elegantes e delicados – sobre a que se asentan cancións dirixidas a conmover o sistema nervioso.

Moon Cresta ofrece, nunha inusual presentación para un produto novel, un CD de 10 descargas de electro-shock sonoro; un DVD de 9 graxeas-acústicas ao vivo en formato desenchufado; e ademais un VIDEO CLIP-comprimido co single presentación. Todo elo foi elaborado con fins terapéuticos encamiñados á mellora da saúde do seu deleite musical. A fórmula deste composto foi argallada nos estudos Casa de Tolos, laboratorios sonoros escollidos pola banda para deseñar a solución aos problemas de excitación e estimulación musical.

Moon Cresta ten a solución aos seus problemas.

CD + DVD Star tray

 
Cartel

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



PAI Axenda

PAI AxendaPAI Axenda. Os próximos concertos, presentacións...para que non perdas detalle.

Galería

Relacionadas