Inicio Inicio PAI Rock&Pop Concerto de presentación de JabonBlue da campaña LIBRE da Xunta de Galicia
Follow us on Twitter
Concerto de presentación de JabonBlue da campaña LIBRE da Xunta de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Febreiro 2011 16:24

Jabon Blue en concertoJabon Blue presenta o videoclip Flores en la carretera. Un tema extraído do seu último disco que leva o mesmo nome. Esta canción está adicada a todos os amigos e amigas que deixaron a súa vida nas estradas. A presentación do videoclip, que conta coa colaboración de Luis Cobos e Manuel Manquiña, este último será o mestre de cerimonías no concerto presentación na Sala Capitol en Santiago de Compostela o próximo 24 de febreiro ás 23h.

O videoclip forma parte da campaña institucional LIBRE da Xunta de Galcia coa que pretenden concienciar á xente moza da traxedia semanal de milleiros de familias que ven truncadas as vidas dos seus amigos e familiaries en accidentes de circulación por mor do consumo de alcol ao volante.

A Xunta de Galicia repartirá 10.000 DAVDs un novedoso soporte dixital de dúas caras, DVD e CD coa pista de audio do tema Flores en la Carretera e o videoclip do mesmo tema no que colabora Manuel Manquiña.

LIBRE

O video clip estará dispoñible na rede a partir da data do concerto.

Ninguén, e menos as administracións públicas, podemos ser insensibles coa gran traxedia que supón para centos de familias que todos os anos se perdan demasiadas vidas humanas en accidentes de circulación, moitos deles mozos e mozas que se desprazan nas noites de fin de semana aos lugares de festa e ocio nocturno.

Existe unha indiscutible e estreita relación entre a sinestralidade nas estradas e a inxestión de alcol, sobre todo nos condutores que teñen entre 18 e 25 anos.

A campaña LIBRE pretende concienciar á xuventude sobre o consumo responsable de alcol.

Dentro da campaña LIBRE hai varias accións, entre elas a realización deste DVD que vos estamos entregando.

O DVD
Jabon Blue é un grupo de Riveira (A Coruña) que no seu último lanzamento discográfico (maio de 2010) inclúe o tema “Flores en la carretera”. Tema escollido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para apoiar á campaña LIBRE dado que é un tema que o grupo dedica aos amigos e amigas que deixaron a súa vida nas estradas. Este DVD inclúe o videoclip do tema “Flores en la carretera” no que participan os actores Manuel Manquiña e Susana Sampedro. Os arranxos de corda do tema foron compostos por Luis Cobos.

SINOPSE
Javi Maneiro, o cantante de Jabon Blue, é o narrador desta historia. Un grupo de rapaces (os músicos de Jabon Blue) saen de troula. Mentres, a morte (Manuel Manquiña), vai na procura dalgunha vítima. Do grupo de rapaces, un deles non quere beber porque é o condutor. Este é seducido pola morte e a partir de aí relátase unha tráxica historia que xoga coa comparación entre un escalextric e a tola condución nas estradas.

 
Cartel

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



PAI Axenda

PAI AxendaPAI Axenda. Os próximos concertos, presentacións...para que non perdas detalle.

Galería