Inicio Inicio PAI Rock&Pop Concurso de ilustracións para alumnos de primaria
Follow us on Twitter
Concurso de ilustracións para alumnos de primaria PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Maio 2011 16:40

O concurso

PAI edicións propón un concurso cos rapaces galegos de educación primaria para ilustrar o próximo libro-disco "O año Pitaño".

O concurso ten as seguintes bases:

  1. A Convocatoria consiste en que un rapaz ou grupo de rapaces fagan a/as ilustración/s do conto que queiran de O AÑO PITAÑO. Dado que hai 12 cancións, haberá pois "12 concursos" simultáneos e 12 gañadores. Un rapaz pode concursar en tantas ilustracións como queira, tanto da mesma canción como de varias.
  2. Esas ilustracións serán expostas na web de O AÑO PITAÑO.
  3. As ilustracións será votadas dende internet.
  4. O prazo de entrega das ilustracións é ata o 15 de xuño de 2011.
  5. O prazo de votación do 16 ó 20 de xuño do 2011.
  6. Os 12 debuxos seleccionados ilustrarán o libro de O Año Pitaño e pasarán a ser propiedade de Pai-Música.
  7. Os premiados recibirán un lote de 10 traballos editados por PAI MUSICA, tanto da colección infantil como da de música galega.
Podedes encontrar toda a información referente ó concurso na web www.oanopitano.com

alt

 
Cartel

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



PAI Axenda

PAI AxendaPAI Axenda. Os próximos concertos, presentacións...para que non perdas detalle.

Galería