Inicio Inicio PAI Rock&Pop "Paraugas universal", o novo e agardado disco de Lamatumbá
Follow us on Twitter
"Paraugas universal", o novo e agardado disco de Lamatumbá PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Abril 2008 15:22

lamaXa está dispoñible "Paraugas universal" (PAI-Música 2008), o novo traballo discográfico de Lamatumbá

Logo de máis de dous anos de xira ininterrumpida desde o lanzamento do seu anterior disco e da man nesta ocasión de Segundo Grandío, novo produtor e nembargantes amigo da banda, a banda ourensá escolleu desta vez os estudios de Casa de Tolos para se retirar a darlle forma ao seu novo traballo discográfico, "Paraugas universal" (PAI-Música 2008), un refuxio baixo do que bailar as ledicias, disfrutar os amores, cantar, sorrir. 15 cancións compoñen este novo traballo, que conta coas importantes colaboracións musicais de Guadi Galego, Uxía ou Paulo Borges, entre outros. "Malas herbas", "Severino", "Convidada" ou "Camiños" son algunhas das novas cancións de Lamatumbá que serán autenticos himnos para moitos de vós. O vindeiro 22 de Maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela a banda comezará a súa nova xira.

 

 

 

 

 

 


 

 
Cartel

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



PAI Axenda

PAI AxendaPAI Axenda. Os próximos concertos, presentacións...para que non perdas detalle.

Galería