Inicio Inicio Sala de prensa Cores do Atlantico
Follow us on Twitter
Cores do Atlantico PDF Imprimir Correo-e
Escrito por SG   
Luns, 03 Maio 2010 10:32

cores_pai

informacion

portada

video_hd

video_hd

fotos_hd

fotos_hd

fotos_hd

fotos_hd

fotos_hd

audios

audios

 

 

Cores do Atlántico

Un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval, dende unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire e a interpretación Musical da cantautora brasileira Socorro Lira. Todo isto apoiado coas ilustracións de Quique Bordell.

O proxecto Cores do Atlántico trae á actualidade a poesía composta, musicada, cantada e bailada por mulleres que viviron antes e durante a Idade-Media, en Europa, devolvendo á lira desas creadoras, os seus significados máis lexítimos: erotismo, sensualidade, autonomia, iniciativa amorosa, reverencia á natureza máxica, referenciando o traballo que era a circunstancia na cal ese facer artístico se daba colectivamente, servindo o canto, ao ritmo dos traballos efectuados e da danza.

Trátase, por tanto, de aportar unha nova ollada ás cantigas de amigo e ofrecer un traballo musical actualizado que poida servir de transmisión ás novas xeracións deste patrimonio cultural.

O traballo consta de:
• Un libro onde Ria Lemaire, especialista en literatura medieval da universidade de Poitiers, fai unha novedosa lectura do contexto e do significado destas cantigas como expresións dunha tradición oral que se mantén viva no territorio de orixe e nos demais lugares onde chegou.

• Un CD - 15 cantigas de amigo musicadas e interpretadas por artistas galegos, portugueses, africanos e brasileiros (Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso, Teresa Paiva...entre outros) coordinados todos eles por Socorro Lira. A sonoridade baséase, inicialmente, nas melodias das sete cantigas de Martín Códax, conservadas no manuscrito medieval, pasando para varias vertentes da música brasileira de raíz e integrando sons africanos, galegos e portugueses.

O acto central do traballo terá lugar o próximo venres 14 de maio, coa espectacular presentación oficial do proxecto na illa de San Simón, cun concerto privado ofrecido por Socorro Lira, Margareth Meneses, Uxía, Eneida Marta, Joao Afonso, e Teresa Paiva.

O libro-disco estará dispoñible en tódalas tendas a partires do próximo 10 de maio. Pódese mercar anticipadamente en exclusiva en www.paitunes.com


 

 

 

Agadic, a través do Proxecto Creativa para o impulso das industrias culturais, financia o proxecto en coproducción Cores do Atlántico.


 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas