Inicio Inicio Sala de prensa Participa no concurso de 10 invitacións para asistir ao concerto de Cores do Atlántico na Illa de San Simón
Follow us on Twitter
Participa no concurso de 10 invitacións para asistir ao concerto de Cores do Atlántico na Illa de San Simón PDF Imprimir Correo-e
Escrito por SG   
Martes, 11 Maio 2010 18:51

baner_concurso_gl

A singularidade da Illa de San Simón (Redondela, Pontevedra) inpide que se poida celebrar un acto aberto a todo o público neste enclave natural máxico, polo que abrimos un concurso-sorteo de 10 invitacións para asistir ao concerto o próximo 14 de maio.  O concurso é tan sinxelo como responder a catro preguntas referentes a Cores do Atlántico co nome e enderezo electrónico. De todos os correos recibidos e que responderon correctamente ás preguntas farase un sorteo.

A organización porase en contacto cos 10 gañadores por email e por teléfono para notificar e confirmar a súa asistencia. As invitacións poderanse recoller no lugar de embarque no porto de Vigo.

Programa do concerto - espectáculo de Cores do Atlántico
14 de maio de 2010 na Illa de San Simón.

  • 18:15h - Saida dos asistentes en barco dende o porto de Vigo (no Náutico)
  • 18:40h - Viaxe rumbo á San Simón
  • 19:30h - Chegada á Illa de San Simón. Percorrido guiado pola illa. Visita á exposición de Quique Bordell na ermida.
  • 20:15h - Presentación do proxecto de Cores do Atlântico.
  • 20:30h  - Concerto de Cores do Atlántico con: Socorro Lira, Uxía, Eneida Marta, Margareth Menezes, João Afonso e Teresa Paiva.
  • 21:30h - Remate do concerto
  • 21:40h - Embarque e regreso ao porto de Vigo.

PARTICIPAR NO CONCURSO

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas