| Discos PAI Solistas |
SEÑORA CARMEN - "NA FLOR DOS MEUS ANOS" (PAI-Música 2007) "Na flor dos meus anos" é o primeiro traballo discográfico en solitario da compoñente máis carismática de Malvela: a Señora Carmen. Aos seus 82 anos, cunha "tremenda xuventude acumulada", a Señora Carmen é un tesouro vivo da música galega tradicional. "Na flor dos meus anos" consta dun libro, escrito polo prestixioso literato galego Fran Alonso, un CD con 11 cancións e un DVD cun documental onde a Señora Carmen relátanos a súas lembranzas e amósanos o seu lado máis humano. No CD hai colaboracións musicais de luxo, dende a portuguesa Dulce Pontes, ata os galegos Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní ou membros de grupos tan importantes como Treixadura, Berrogüetto ou Malvela. "Na flor dos meus anos" é ler, escoitar e ver a unha lenda viva da nosa Galicia.
TINO BAZ - "CINSA NAMORADA" (PAI-Música 2007) "Cinsa namorada" é o primeiro disco en solitario de Tino Baz que ten como finalidade crear un soporte sonoro da súa obra como autor, músico e cantor. É o resultado dun proceso de madurez creativa a través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en diferentes colaboracións con grupos da música galega e como músico que percorreu e espallou o seu traballo tanto en España como no resto do mundo. As pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora luguesa Marica Campos, que ven a ser que avala literariamente este traballo. Musicalmente, ven ser o veterano músico Moisés Quintas que asume a dirección artística e quen coordina a participación dos diferentes instrumentistas que interveñen no traballo. Con "Cinsa namorada", Tino Baz cumpre o seu desexo de facer un aporte fresco ao panorama da música galega actual, na parcela da canción de autor.
MAGÍN BLANCO - "REALIDAD" (PAI-Música 2007)Segunda entrega discográfica en solitario do músico e compositor ourensán Magín Blanco. Tralo bó sabor de boca deixado con "Ella", volve agora con "Realidad", outra magnífica colección de cancións, a medio camiño entre a música de autor, o pop e o folk. "Realidad" segue a liña intimista do seu anterior traballo, pero amósanos unhas cancións máis vitalistas, coidadosamente arranxadas, que están dirixidas a chegar ao corazón de quen as escoite. Dende a ledicia de temas como "La fiesta" ou "Hielo sobre hielo", á melancolía de "El corazón de los pájaros" ou "Sus cosas", ou ás pegadizas "Lluvia dorada" ou "Las mareas". "Realidad" foi producido e gravado por Segundo Grandío nos estudios Casa de Tolos. Ademais, Magín conta coa colaboura de Pepe Losada ás guitarras, Isaac Palacín (Berrogüetto) á batería e o propio Segundo Grandío ao baixo.
JAVIER GONZÁLEZ MÉNDEZ - SIN NOVEDAD EN EL FRENTE (PAI-Música 2006)"Sin novedad en el frente" é o segundo disco en solitario do cantautor Javier González Méndez, un traballo que fala de cicatrices, de novos alicientes, desa dama de compaña, que a veces resulta fermosa e sedutora, á que a chamamos tantas veces con medo, soledade. Gravado nos estudios de Casa de Tolos baixo a produción musical de Segundo Grandío, "Sin novedad en el frente" conta coas colaboracións de luxo de Isaac Palacín (Berrogüetto) á batería, Diego Pacheco ás guitarras acústicas e eléctricas, Marcos Legazpi aos teclado e o piano, e o propio Segundo Grandío ao baixo.
MAGÍN BLANCO - ELLA...(PAI-Música 2006)
Contar a historia de Magín Blanco é facelo dunha xeración á sombra dos fastos dos tan traidos e levados anos 80. Membro fundador do mítico grupo La Rosa, tras varios anos alonxado da música, no 1996 reaparece na escea musical con "Ella...", o seu primeiro disco en solitario, gravado nos estudios Casa de Tolos baixo a produción de Segundo Grandío. "Ella..." é un traballo plantexado polo propio Magín como un regalo, unha forma de dar as gracias ás mulleres. Magín contou coa colaboración de Pepe Losada (guitarra acústica, dobro, stell guitar), Isaac Palacín (batería, percusión) e o propio Segundo Grandío (baixo). Ademáis o disco conta coa lista de invitados de luxo: Gloria van Versen (Vainica Doble), a cantante galega Uxía ou Nancho Novo, entre outros.
|