Follow us on Twitter
O novo traballo de Tanxedoras vera á luz o próximo mes de nadal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Setembro 2008 11:02

TanxedorasTanxedoras falan do seu novo traballo "Tanxedoras" (PAI Música 2008) que sairá á venda o próximo mes de nadal. O grupo presentará o seu disco
o próximo martes 23 de nadal de 2008 ás 20:30 h. no Auditorio Centro Caixanova (Vigo)

Tanxedoras é un grupo de música tradicional formado por cinco rapazas de Vigo que proceden de diferentes formacións dentro do ámbito da música tradicional.

Leni Pérez, Margó Gaioso, Teresa Santamaría, Ioli Pérez e María Silva son as cinco compoñentes de Tanxedoras, unha agrupación musical que destaca polo emprego de instrumentos tradicionais de percusión galega coma o pandeiro, cunchas, ferriños, culleres ou legóns. Un proxecto que naceu en setembro do 2003, aínda que con anterioridade e por separado formaron parte doutras agrupacións folclóricas. Mais os camiños da vida xuntáronas para traballar cunha idea común, a recuperación do legado musical de Galicia. Melodías tradicionáis e populares aprendidas dos nosos maiores.