| Programa 69 de Plástico Elástico en Radio PAI |
|
|
|
| Xoves, 23 Febreiro 2012 10:20 |
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Nonito Pereira (Coordinador da Edición Galicia, Castilla e León da Revista Mondo Sonoro), que se achegou ao Musical Underground Especializado para presentarnos as "Festas Demoscópicas" de Mondo Sonoro. Este ano a cita en Galicia terá lugar o vindeiro Sábado 25 de Febreiro na Sala Karma de Pontevedra coas actuacións de Tora! Tora! Tora!, Fantasmage e Los Cafres.
Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás Actuacións de Cooper, Los Deltonos, La Familia del Arbol, Shuarma e a Eventos coma as Festas Demoscópicas, Festa do Disco do Embora, Festa do Queixo de Arzúa e Festival MundoSons de Compostela.
Regalamos Entradas para ver en directo a Cooper (Xoves 1 de Marzo na Sala Capitol de Compostela) presentando o seu Novo Disco "Mi Universo". Para conseguir unha delas, envíanos un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición.
Despedimos o programa co adianto do que será o novo traballo discográfico de Shuarma, que levará por título "Grietas". Disco que se editará o vindeiro mes de Marzo e que estará presentando en diferentes datas na nosa comunidade.
Nesta edición soaron: "Huesos" de Fantasmage, "Gargamel" de Tora! Tora! Tora!, "Sólo Soy Una Alimaña" de Los Cafres, "Cortometraje" de Cooper, "Sara Banderas" de Santos Morcegos, "07.45 (Bring Me Back Home)" de We Are Standard, "No Por Nada" de Los Deltonos, "The Scratch" de Marcos Coll, "¿Tú Me Quieres?" de La Familia Del Arbol e "Tú" de Shuarma.
Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).
Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo |